Crucial anuncia a súa retirada do mercado de consumo
mércores, 3 de decembro do 2025
Micron Technology anunciou a súa decisión de abandonar de maneira progresiva o negocio de consumo asociado á marca Crucial, nun movemento que supón a saÃda da compañÃa do mercado minorista de memorias e almacenamento dirixidas ao grande público. A decisión marca o final de case tres décadas de presenza desta marca nas tendas de todo o mundo.
Micron continuará distribuÃndo produtos Crucial na canle de consumo ata o remate do seu segundo trimestre fiscal, que remata en febreiro de 2026. Durante este perÃodo, a empresa coordinarase con distribuidores e socios para facilitar a transición e, unha vez completada, manterá o servizo de garantÃa e o soporte técnico para todos os produtos xa vendidos. A actividade comercial en memorias e almacenamento quedará asà centrada na oferta de produtos con marca Micron destinados ao segmento empresarial.
Sumit Sadana, vicepresidente executivo e director de negocio de Micron, recoñeceu que a medida responde ao «crecemento impulsado pola IA nos centros de datos», que está a xerar unha demanda crecente de memoria e almacenamento de alto rendemento. «Micron tomou a difÃcil decisión de saÃr do negocio de consumo de Crucial para mellorar o subministro e o apoio aos nosos clientes estratéxicos en segmentos de crecemento máis rápido», afirmou. Tamén salientou o papel clave da comunidade de usuarios ao longo dos 29 anos de historia da marca, convertida en sinónimo de calidade e fiabilidade no mercado das memorias .
Micron é un dos principais fabricantes mundiais de DRAM, NAND e NOR, e con este anuncio confirma os temores de que 2026 non vai ser un bo ano para a compra de memoria por parte dos consumidores, xa que o mercado está a ser acaparado polo sector da IA, do mesmo xeito que no pasado aconteceu coas tarxetas gráficas de PC por culpa do fenómeno das criptomoedas.
