Cortana di adeus en Windows

venres, 11 de agosto do 2023 Marcus Fernández

En 2014 Windows Phone recibiu un impresionante asistente de voz chamado Cortana, que ofrecía unha séntese de voz moi superior á dos seus competidores, pasando logo a integrarse en Windows. Pero o abandono do sistema operativo móbil de Microsoft tivo unha consecuencia directa na evolución de Cortana, asistente que cada día recibía menos atención, até que agora a súa aplicación para Windows deixou de operar, amosando unha mensaxe que reza «Cortana en Windows como aplicación independente está en desuso».
Dende Microsoft apuntan que este outono Cortana deixará de recibir soporte en todos os soportes agás en Outlook Mobile, o que pode supor cambios no xeito de traballar, aínda que lembran que na actualidade xa contan con ferramentas superiores para suplir a Cortana, como o acceso por voz en Windows 11, o novo Bing e os axudantes baseados en intelixencia artificial Microsoft 365 Copilot e Windows Copilot. Ou sexa, que Cortana di adeus, pero deixando algo mellor no seu lugar.