Cinfo presenta en Global Robot Expo o seu sistema multicámara embarcado para salvamentos
xoves, 9 de maio do 2019
- José Ramón Gulias, director de Marketing e Contidos, Omar Álvarez, head of Intelligent Video e Xabier Ferreiro, director comercial de Cinfo, no stand da compañía no DREX19.
A
empresa galega Cinfo, centrada en
sistemas intelixentes de produción automática de vídeo na nube,
presentou na cuarta edición do Global
Robot Expo (a feira internacional e profesional sobre robótica,
tecnoloxía e innovación que se celebra anualmente en Madrid) o seu
sistema multicámara embarcado para equipos de salvamento en misión
de rescate, as súas solucións de Intelixencia Artificial, Internet
das Cousas (IoT) e análise de información masiva (Big Data).
Na
cita, que se celebra esta semana (até hoxe) cunha importante
presenza de expertos e líderes do sector da robótica, participa o
responsábel de Vídeo Intelixente de Cinfo, Omar Álvarez, quen
intervén este xoves nos relatorios explicando como funciona o
software de ortorrectificación do sistema multicámara embarcado da
empresa galega, que mellora a calidade das imaxes e convérteas nun
plano cartográfico capaz de reproducir con fidelidade un terreo, con
independencia da orografía. Isto é posíbel grazas á integración
dunha ferramenta de ortorrectificación que emprega os parámetros de
situación e orientación da aeronave e os da cámara para proxectar
unha imaxe sobre unha representación 3D do terreo ceibada de
distorsións xeometricamente.
Segundo
engade Cinfo, este sistema multicámara posibilita a captura,
procesado, gravación e transmisión de vídeo desde aeronaves (drons
e helicópteros) en pleno voo, permitindo coñecer a tempo completo o
que acontece durante unha misión de rescate. “Os desprazamentos
aéreos gravados”, explica a firma galega, “pódense visualizar
en formato multicámara ou a pantalla completa, con metadatos
sobreimpresionados”. Amais, o software dispón tamén dun motor de
procura que permite aos usuarios atopar calquera información precisa
sobre calquera voo.
A
solución de Cinfo está a ser usada hoxe no programa Civil UAVs
Iniciative, impulsado pola Xunta para a utilización de sistemas
aéreos non tripulados (UAV) no ámbito civil e na mellora da
prestación de servizos públicos, e cuxo obxectivo é “converter
Galicia nun polo aeronáutico de referencia en Europa”.