Call of Duty: Black Ops 6 tivo un lanzamento de records

xoves, 31 de outubro do 2024 Marcus Fernández

Aínda é moi cedo para analizar o impacto de Call of Duty: Black Ops 6 como un xogo incluído no Game Pass dende o seu lanzamento, pero do que non hai ningunha dúbida é de que estamos ante o meirande lanzamento desta franquía en toda a súa historia, pois nos seus 3 primeiros días chegou a máximos históricos en número de xogadores, número de horas xogadas e número de partidas xogadas.
O propio director xeral de Microsoft, Satya Nadella, comentou ante os accionistas da empresa que o lanzamento de Black Ops 6 tamén provocou un crecemento de record en subscricións ao Game Pass, e incluso indicou que en PlayStation e PC (Steam) as vendas incrementáronse un 60% con respecto á entrega de Call of Duty do ano pasado (Modern Warfare 3).
Aínda que está claro que incluír o xogo no Game Pass vai afectar negativamente ao volume de vendas en Xbox, ao incrementar a base de xogadores e incluso estrear novos xeitos de xogar (é a primeira vez que podemos xogar ao novo Call of Duty mediante xogo en streaming) conséguese que o xogo sexa máis atractivos para os usuarios doutras plataformas, e finalmente o balance económico podería rematar sen do positivo.