Bose lanza uns auriculares sen fÃos abertos
xoves, 15 de febreiro do 2024
Hai pouco chegaron ao mercado os auriculares abertos Huawei FreeClip, sorprendendo polo seu deseño elegante e ergonómico, que destacaban por non illar ao usuario do mundo exterior á vez que podÃan percibirse como un complemento de moda, concepto que parece ter convencido a Bose, fabricante que está a presentar agora os seus novos Bose Ultra Open Earbuds, auriculares abertos sen fÃos que saen á venda a un prezo de 299 dólares (practicamente o dobre que os auriculares de Huawei, aÃnda que se atendemos ao prezo de reserva que teñen na Fnac o prezo en España serÃa bastante máis elevado, chegando aos 379,99 euros).
Estes novos auriculares de Bose buscan resultar cómodos para asà poder levalos postos todo o dÃa, e xa que son abertos, permiten escoitar o que hai ao redor (facéndoos seguros para utilizar pola rúa, experiencia que tamén resultará cómoda grazas a un sistema de control de volume automático). Pese a que os auriculares non se introducen na canle auditiva, prometen certa intimidade (ou sexa, que o son dirÃxese cara o ouvido, evitando que as persoas que estean ao noso redor poidan entender claramente o que estamos a escoitar).
Os Bose Ultra Open Earbuds tamén prometen son inmersivo, un sistema de suxeición seguro e unha boa autonomÃa (até 7,5 horas de reprodución cunha única carga que poden ampliarse até 19,5 horas co estoxo de carga).
- Os novos auriculares de Bose resultan elegantes, cómodos e prácticos
- Grazas ao estoxo de carga os auriculares poden chegar até as 19,5 horas de autonomÃa
VÃdeo promocional dos Bose Ultra Open Earbuds