Bose estrea uns auriculares deportivos que apostan pola comodidade
luns, 6 de xuño do 2016
AÃnda que entre as novidades de Bose destaquen especialmente
os auriculares
sen fÃos con cancelación de ruÃdo, cando se trata de practicar deporte en
exteriores tal opción resultarÃa extremadamente perigosa, xa que a cancelación
de ruÃdo pode illar excesivamente do contorno, facendo que non percibamos a
transeúntes, vehÃculos... estando máis expostos a un accidente, de aà que Bose
lanzase uns auriculares deportivos sen tal tecnoloxÃa, centrando o seu deseño
na comodidade, na estabilidade e na resistencia a lÃquidos (para non ter
problemas coa suor e poder tamén lavar os auriculares tras os adestramentos,
para poder conservalos cunha mÃnima hixiene).
Asà temos os novos
auriculares sen fÃos SoundSport, xa dispoñibles nos EE.UU. en cor negra ou
azul a un
prezo de 149,95 dólares, e que contan cuns tapóns deportivos de silicona
branda que busca axustarse de xeito cómodo e fiable ao ouvido, comunÃcanse por
Bluetooth (con emparellamento por NFC) para poder recibir o son sen fÃos ou
tamén para xestionar os auriculares a través dunha aplicación móbil (para iOS
e para Android),
con cun sistema de ecualización sonora para conseguir un audio equilibrado a
calquera nivel de volume e a súa baterÃa permite un uso continuo de até 6
horas, de xeito que serÃa máis que dabondo para acompañar nun adestramento.
Cómpre destacar que estes auriculares só pesan uns 23 gramos, poden empregarse
como sistema de mans libres e o seu control realÃzase a través nun pequeno
módulo situado no cable que une a ambos auriculares, onde están os botóns de
volume, e que dista bastante do grande receptor que teñen outros auriculares
deportivos (que nalgún caso incluso chegan a ter formato de diadema).
VÃdeo de presentación dos novos auriculares deportivos de Bose