Azpiri recompila nun libro as súas portadas de videoxogos
mércores, 16 de setembro do 2009
A finais dos anos
80 os videoxogos españois viviran un grandioso momento con compañÃas coma
Dinamic, Topo e Opera que desenvolvÃan tÃtulos para os ordenadores de 8 bits da
época (Spectrum, Amstrad CPC, MSX e Commodore), e que en moitos casos tiñan un
elemento común: as súas cubertas estaban debuxadas maioritariamente Alfonso
Azpiri.
Agora, máis de 20 anos despois da idade de outro do software español, Planeta
de Agostini Cómics publica un libro titulado Spectrum,
El Arte para videojuegos de Azpiri no que recolle as
ilustracións de xogos coma Army Moves,
Phantis, Nonamed, West Bank, La Colmena, Abu Simbel Profanation ou La Colmena, e mesmo de tÃtulos baseados
en comics do propio Azpiri (coma Mot
e Lorna), o que agradará aos
nostálxicos desta época e que poderán adquirir o volume de 128 páxinas a toda
cor por 14,95 euros.