Asus presenta un adaptador para aproveitar o cable da antena de televisión para datos
mércores, 17 de agosto do 2022
Asus anunciou estes dÃas un produto moi interesante para certos
fogares que teñen problemas para gozar dunha boa rede Wi-Fi e queiran ter unha boa
conexión por cable aproveitando a instalación que xa teñan da antena de televisión.
Falamos do adaptador MoCA Asus
MA-25, que converte o cable coaxial en Ethernet, permitindo unhas velocidades
de até 2,5 Gbps e permitindo engadir dispositivos á rede creada con so premer
un botón (dun xeito semellante a como funciona o WPS nas redes sen fÃos). Esta solución
tamén conta cunha latencia reducida, polo que serÃa apta para gozar de
videoxogos.
O interesante desta solución é que non precisa de ferramentas para a súa
instalación, xa que chega con conectar adaptadores nas tomas de antena do fogar
para comunicalas, o que resulte
especialmente práctico para vivendas de varios andares nas que é complicado montar
redes Wi-Fi sen zonas de sombra. De feito, o adaptador poderÃa servir para
conectar un router secundario lonxe do router principal sen ter que realizar
obras, achegando asà Internet (por cable ou Wi-Fi) a zonas afastadas ás que non
chegarÃa cun único router.
O uso de cable coaxial para achegar a Internet aos fogares non é ningunha
novidade e, de feito, é a tecnoloxÃa elixida nos seus inicios por operadores de
telecomunicacións como R (que empregaban o mesmo cable para o servizo de
televisión e o da Internet), pero desta volta poñen o aproveitamento do
cableado de antena no lado do usuario, quedando por saber se esta solución resulta
tan económica como para que compense o seu uso fronte á instalación de fibra
óptica dentro do fogar.