Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0

O CiTIUS achega unha ferramenta para entender como evolucionan os dereitos dixitais en Internet: DigiTrack


O CiTIUS da USC desenvolveu unha plataforma que nos axuda a entender a evolución no tempo dos dereitos dixitais en Internet. Trátase da ferramenta DigiTrack, materializada en colaboración coa Fundación Hermes e enmarcada no Observatorio de Dereitos Dixitais (ODD), co apoio de Red.es.

[ler máis]

Apple podería adiar varios lanzamentos por mor dos problemas de subministración de memoria


Os problemas de escaseza de chips de memoria están a afectar seriamente á dispoñibilidade de produtos e ao calendario de lanzamentos de moitos fabricantes, impacto do que non se libra Apple, que actualmente experimenta problemas de existencias en equipos informáticos de sobremesa.

[ler máis]

Vodafone relanza o seu servizo de Internet portátil 5G


Vodafone España reforza a súa aposta pola conectividade sen fíos cun relanzamento do seu servizo de Internet portátil 5G, acompañado dunha mellora das condicións comerciais e dunha nova expansión da cobertura da súa rede de última xeración. A operadora introduce un desconto de 10 euros ao mes durante un ano nos plans sen liña móbil asociada equiparando ademais esta oferta ás tarifas de só fibra para contratacións en liña.

[ler máis]

A escaseza de memoria podería prolongarse ata 2027


A industria global de semicondutores enfróntase a unha escaseza persistente de chips de memoria que podería estenderse ata, cando menos, 2027, por mor da crecente demanda asociada á intelixencia artificial e polas limitacións estruturais na capacidade produtiva. Os principais fabricantes, con sede en Estados Unidos e Corea do Sur, están a incrementar a produción de DRAM, pero a un ritmo insuficiente, estimado nun 60 % da demanda prevista.

[ler máis]

En marcha a novena edición de campaña Toponimízate, na que participarán 12 novos concellos


Santiago acolleu a presentación da novena edición da campaña Toponimízate. Falámosche dos noves da túa terra, iniciativa coordinada pola RAG (en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua) e enmarcada no proxecto Galicia Nomeada para favorecer a incorporación de nomes de lugar a través do uso de dispositivos e ferramentas dixitais. Na presentación participaron o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen destacou “a importancia da implicación da veciñanza coa conservación e recuperación dun dos nosos maiores tesouros, que é a toponimia”.

[ler máis]

GPUL School organiza unha sesión práctica sobre Proxmox e homelab na FIC


O vindeiro 22 de abril ás 18:30 horas terá lugar na Aula 2.2 da Facultade de Informática da Coruña unha nova sesión formativa de GPUL School centrada na creación dun homelab desde cero mediante o uso de Proxmox.

[ler máis]

A Escola de Enxeñería Industrial acolleu a 9ª edición de Robots en Acción cunha grande participación

O pasado venres 17 de abril 452 estudantes de ensino medio de toda Galicia, incluíndo Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato e Formación Profesional, participaban na Escola de Enxeñería Industrial (Vigo) na 9ª edición da súa Competición de Robots: Robots en Acción. Trátase dunha cita coa que o centro busca que mozas e mozos, “lle perdan o medo á tecnoloxía e se divirtan con ela”, tal e como salientou no comezo da xornada o ex-director da escola, Juan Pardo Froján, un dos dos principais impulsores desta iniciativa.

[ler máis]

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de maio


A Aula CeMIT do Concello de Boiro oferta novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de maio. As inscricións para participar deben facerse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou mediante os teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

[ler máis]

O LIES_GA organiza unha charla en liña sobre solucións e ferramentas para pemes da economía social


O Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia (LIES_GA) organiza o vindeiro 29 de abril, ás 10:00, a charla en liña Ciberseguridade na economía social: protexendo o futuro dixital — solucións e ferramentas para pemes da economía social.

[ler máis]

Netflix sobe os seus prezos en España


A chegada de Netflix a España como un servizo de streaming de pagamento cunha ampla oferta de contidos e un prezo popular foi mudando moi lentamente, con pequenos cambios nas condicións do servizo que van dende a adopción de medidas para evitar compartir contas de usuarios ata a eliminación do plan máis básico para impulsar un plan con publicidade. E precisamente esta última tarifa, que busca ser a porta de entrada a Netflix, é a que experimenta a máis importante suba de prezo, pois xa son oficiais as novas tarifas de Netflix en España, e o plan con estándar con anuncios pasa de 6,99 a 8,99 euros.

[ler máis]

A Aula CeMIT da Deputación de Pontevedra celebra en maio un obradoiro de manexo de redes sociais


A Deputación de Pontevedra acolle durante o mes de maio na Aula CeMIT un obradoiro presencial destinado a facilitar o uso das novas tecnoloxías no día a día e mellorar a seguridade dixital das persoas participantes. O obradoiro, baixo o título Aprende a manexar as túas redes sociais, celebrarase do 25 ao 28 de maio en horario de 10:00 a 13:00.

[ler máis]

esLibre26 leva o software libre ao rural e reúne en Melide preto de 200 asistentes


O congreso estatal esLibre26 pechou en Melide tras dúas xornadas de actividade que reuniron preto de 200 asistentes, consolidando unha comunidade activa arredor do software libre, a tecnoloxía aberta e o coñecemento compartido. O encontro, que nesta edición se trasladou ao rural galego, puxo o foco tanto nos contidos técnicos como na dimensión social e comunitaria destas prácticas.

[ler máis]

O Carballo Interplay premia a T-Rex (mellor serie) e o talento galego a Miradenovo e Antontísimo

Público na entrega de premios do CIP (fotos de Aigi Boga)
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay despediu este domingo 19 de abril a súa 13ª edición coa entrega de premios do festival, nunha xornada final na que se deu a coñecer o palmarés da súa competición internacional de series de formato curto e tamén os proxectos recoñecidos nos certames dedicados á creación de contido dixital en galego.

[ler máis]

A Deputación de Pontevedra achega formación en deseño de sitios web a través da Rede SmatPeme+


A Deputación de Pontevedra organiza esta semana un novo obradoiro de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. A acción formativa, telemática e con inscrición previa, afondará nunha cuestión de grande interese para o tecido empresarial da provincia como é o deseño de sitios web ou tendas en liña desde cero.

[ler máis]

A FP galega amosa esta semana o seu potencial na oitava edición de FP Innova


A Formación Profesional galega exhibe esta semana o seu potencial en investigación e innovación aplicada en FP Innova 2026, cun total de 38 centros de toda Galicia representado nos 4.100 metros cadrados do recinto máis de 70 iniciativas, que inclúen proxectos de innovación, emprendemento e distintos obradoiros. A cita, impulsada pola Xunta, incorpora tamén unha exposición de robótica, demostracións de ciberseguridade e espazos nos que participar en experiencias inmersivas e de realidade virtual.

[ler máis]

Preto do 87 % das empresas tecnolóxicas galegas emprega software libre


O 86,9 % das empresas TIC galegas contan con software libre nalgún dos seus equipos informáticos, o que representa un incremento do 2,7 % respecto ao ano anterior. Así o recolle o estudo O software libre nas empresas TIC de Galicia (Edición 2024), elaborado polo OSIMGA e publicado a pasada fin de semana.

[ler máis]

Marta López Castro e Estela Lucas Cabral, do IES Primeiro de Marzo de Baiona, gañan o VIII Premio Stephen Hawking


O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e co apoio de empresas e entidades como FINSA, Ternera Gallega ou Feiraco, vén de celebrar o acto entrega do VIII Premio Stephen Hawking, galardón ao que aspiraban 58 proxectos procedentes de 13 institutos de galegos e catro de fóra de Galicia (Soria, Tudela, Madrid e Barcelona).

[ler máis]

Bimboficadas enche o Carballo Interplay na súa primeira visita a Galicia

Fotos de Aigi Boga
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay viviu este venres 17 de abril un dos seus puntos álxidos cun programa que volveu amosar a diversidade de formatos, voces e liñas temáticas que atravesan a súa 13ª edición. O gran reclamo do día foi Rajando con… Bimboficadas, co que Samantha Hudson e María Barrier, que visitaron Galicia por primeira vez e encheron o Mercado de Carballo nunha das citas que máis expectación espertaran desde o anuncio da programación, as entradas -para unhas 300 localidades- esgotáronse en poucos minutos.

[ler máis]

Metro 2039 continuará a saga postapocalíptica de Dmitry Glukhovsky


A franquía Metro prepara o seu regreso con Metro 2039, a cuarta entrega principal da coñecida serie de acción en primeira persoa, que apostará por un ton máis sombrío e político ca nunca. O proxecto, desenvolvido por 4A Games en colaboración co escritor Dmitry Glukhovsky, foi presentado como unha evolución natural da saga, tanto no plano narrativo como técnico.

[ler máis]

Un equipo de Fisterra e outro de Ferrol gañan a V Olimpíada Robótica


O equipo Los amigos no mienten do IES Fin do Camiño de Fisterra e o equipo Todo sin querer do Colexio Tirso de Molina de Ferrol conseguiron o premio Todo Terreo nas categorías Promesas (1º e 2º de ESO) e Elite (2º e 3º de ESO) na V Olimpíada Robótica da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) que tivo lugar, este venres 17 de abril, entre as 09:30 e as 14:00 horas, no Pavillón Municipal de Esteiro e no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.

[ler máis]


· O CiTIUS achega unha ferramenta para entender como evolucionan os dereitos dixitais en Internet: DigiTrack

· Apple podería adiar varios lanzamentos por mor dos problemas de subministración de memoria

· Vodafone relanza o seu servizo de Internet portátil 5G

· A escaseza de memoria podería prolongarse ata 2027

· En marcha a novena edición de campaña Toponimízate, na que participarán 12 novos concellos

· GPUL School organiza unha sesión práctica sobre Proxmox e homelab na FIC

· A Escola de Enxeñería Industrial acolleu a 9ª edición de Robots en Acción cunha grande participación

· A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de maio

· O LIES_GA organiza unha charla en liña sobre solucións e ferramentas para pemes da economía social

· Netflix sobe os seus prezos en España

· A Aula CeMIT da Deputación de Pontevedra celebra en maio un obradoiro de manexo de redes sociais

· esLibre26 leva o software libre ao rural e reúne en Melide preto de 200 asistentes

· O Carballo Interplay premia a T-Rex (mellor serie) e o talento galego a Miradenovo e Antontísimo

· A Deputación de Pontevedra achega formación en deseño de sitios web a través da Rede SmatPeme+

· A FP galega amosa esta semana o seu potencial na oitava edición de FP Innova

· Preto do 87 % das empresas tecnolóxicas galegas emprega software libre

· Marta López Castro e Estela Lucas Cabral, do IES Primeiro de Marzo de Baiona, gañan o VIII Premio Stephen Hawking

· Bimboficadas enche o Carballo Interplay na súa primeira visita a Galicia

· Metro 2039 continuará a saga postapocalíptica de Dmitry Glukhovsky

· Un equipo de Fisterra e outro de Ferrol gañan a V Olimpíada Robótica

· A Deputación da Coruña organiza unha xornada sobre as novas violencias machistas dixitais

· Os Premios PEL da Deputación da Coruña recoñecerán con 80.000 euros o talento empresarial da provincia

· Especialistas poñen de manifesto no CCG a importancia da alfabetización audiovisual

· Infinity Vision, un novo selo para salas cinematográficas de grande formato

· Unha revisión da Neo Geo AES permitirá xogar con cartuchos orixinais

· Galicia integra a súa Carpeta Xustiza coa plataforma estatal

· A Coruña participa con Google nun proxecto de mobilidade para mellorar a planificación urbana da cidade

· O CPES considera desproporcionados e ineficaces os polémicos bloqueos de LaLiga

· A ETSE da USC celebrou a súa festividade reivindicando os seus logros recentes

· Gucci prepara a súa entrada no mercado das lentes con IA