Amazon presenta novos produtos para o fogar
mércores, 20 de setembro do 2023
Durante a pasada
tarde Amazon realizou un acto de presentación no que amosou numerosos
dispositivos para o fogar, entre os que destaca moi especialmente o Echo Hub, descrito como o
primeiro cadro de mandos de fogar dixital deseñado para unha xestión sinxela de
dispositivos conectados, que pode instalarse na parede e manéxase como se fose
unha tableta de 8 polgadas.
Este novo Echo Hub permite xestionar os dispositivos do fogar, organizar
widgets, ver múltiples instantáneas de cámaras compatibles ao mesmo tempo, e
que incluso detecta cando hai unha persoa diante, de xeito que nese momento
muda a súa pantalla dun fermoso reloxo a unha pantalla de inicio para controlar
os trebellos do noso fogar.
AÃnda non temos a data na que este produto chegará a España, pero si sabemos
que o seu prezo será de 199,99 euros.
VÃdeo de presentación do Echo Hub
Echo Show 8
A pantalla Echo Show 8 poderÃa verse como un Echo Hub de escritorio, xa que tamén serve para controlar elementos domóticos, aÃnda que está orientado á reprodución de audio e vÃdeo, asà como á realización de videoconferencias, polo que é un produto que pode resultar ideal para case calquera recanto do fogar no que queiramos consumir contidos audiovisuais, asà como interactuar con Alexa. Chegará ao mercado o 26 de outubro a un prezo de 169,99 euros.
VÃdeo no que amosan algunhas das posibilidades do novo Echo Show 8
Novos Fire TV Stick
Os Fire TV Stick de Amazon son algúns dos máis populares para achegar a
unha pantalla capacidades dun Smart TV, xa que trátase dun trebello cunha
versión de Android modificada para facilitar o consumo audiovisual a través
unha pantalla conectada por HDMI.
AÃnda que os Fire TV máis vendidos son os máis económicos, hai usuarios que
queren os modelos máis potentes para gozar dunha mellor experiencia de uso, e
deste xeito o 19 de outubro teremos os novos Amazon Fire TV Stick
4K e Amazon Fire TV Stick 4K
Max, con prezos de 69,99 e 79,99 euros respectivamente.
AÃnda que externamente son moi semellantes, o Fire TV Stick 4K Max, como ben
indica o seu nome, é un produto máis completo, cun procesador de catro núcleos
a 2 GHz, conectividade Wi-Fi 6E (serÃa o primeiro dispositivo deste tipo con tal
conectividade), compatibilidade coa maiorÃa de estándares de imaxe HDR e son
envolvente, unha capacidade de almacenamento de 16 GB (para non ter problema
para instalar numerosas aplicacións) e un mando con voz mellorado.
O modelo máis básico, o Fire TV Stick 4K, conformarÃase cun procesador a 1,7
GHz e conectividade Wi-Fi 6, polo que para moitos usuarios serÃa máis que
dabondo, pero os usuarios que decidan a compra pensando no longo prazo deberÃan
considerar a opción do modelo Max.
eero Max 7
Máis sorprendente é que Amazon ouse a lanzar unha nova
solución de rede sen fÃos en malla de grandes prestacións, xa que o router eero Max 7 quere
converterse na solución ideal para os que xa queren gozar de Wi-Fi 7, contando
incluso cun par de portos 10 Gigabit, ou sexa, que estamos ante un produto
dirixido aos poucos consumidores que teñen acceso a redes de 10 Gbps (que xa
ofrecen comercialmente algunhas compañÃas) e queren aproveitalas ao máximo tanto
por Wi-Fi como por cable.
Este sistema Wi-Fi funciona nas bandas dos 2,4, 5 e 6 GHz, ofrece velocidades
sen fÃos de até 4,3 Gbps e pode chegar até os 9,4 Gbps por cable, prometendo cobertura
sen fÃos a espazos de até 232 metros cadrados e integrando incluso un
controlador de fogar dixital con tecnoloxÃa Zigbee.
Un produto realmente impresionante, pero que como principal atranco ten que o
seu prezo de venda é de 699,99 euros, polo que non está ao alcance de calquera,
como tamén acontece coas redes domésticas de 10 Gbps.
Amazon tamén adiantou cambios en Alexa, asistente virtual que está a evolucionar para ofrecer opcións máis avanzadas e conversas máis naturais ao estilo de ChatGPT