Adamo revoluciona os seus paquetes a prezos definitivos desde 19 euros ao mes
martes, 27 de agosto do 2024
Desde o pasado 22 de agosto, o operador Adamo sintetiza a súa estrutura de produto en dous paquetes básicos en función da capacidade tanto da conexión para o fogar como no móbil. A compañía quere atender deste xeito as dúas grandes demandas do mercado: prezo e cobertura Wi-Fi. O obxectivo é que o cliente “aforre sorpresas na factura ao saber que conta con cantidades fixas na mesma e prezos inigualábeis no sector”, sinala a operadora, engadindo que este é o motivo do lema da campaña: Xa están aquí as tarifas Caaalma de Adamo.
Fibra de 400 Mb e móbil con 15 GB por 19 euros
A empresa sinala que “para os que buscan prezo económico e a tranquilidade de pagar só polo que necesitan, dispoñemos da tarifa Caaalma, que, por 19 euros, inclúe fibra óptica de 400 Mb para casa e móbil con 15 GB de datos”. Porén, se o usuario quere enriquecer o paquete, por só 10 euros máis pode agregar unha das seguintes opcións: móbil con GB ilimitados, fibra de 1 GB para casa e un router Wi-Fi 6 xunto cun amplificador para potenciar o sinal en cada recuncho da vivenda. Neste punto, Adamo destaca “a importancia do alcance do dispositivo sen fíos”, posto que os Wi-Fi 6 “son routers de última xeración, os que ofrecen a mellor cobertura e conectividade”.
Fibra de 1 Gb e móbil ilimitado por 39 euros
Adamo tamén quere simplificar as cousas para quen “desexe velocidade, boa cobertura e unha experiencia móbil ilimitada”. Para estes usuarios a operadora achega a tarifa Caaalma Total, pensada especialmente para as familias e que consta de fibra óptica de 1 GN e datos sen límite por 39 euros. Neste punto, é posíbel agregar liñas adicionais con GB ilimitados por 5 euros ao mes. Ademais, este paquete xa leva o router Wi-Fi 6 e o amplificador de sinal para o fogar.