Aberto o prazo para participar nos obradoiros do DÃa da AMTIC en Ames
luns, 5 de decembro do 2022
O
departamento de Cultura e TecnoloxÃas da Comunicación do Concello
de Ames organiza para este sábado, dÃa 10 de decembro, o evento
tecnolóxico DÃa da AMTIC, que terá lugar na Casa da Cultura do
Milladoiro con motivo do DÃa Mundial da Informática, que se
conmemora o 9 de decembro.
Por unha
parte, haberá obradoiros informáticos que darán comezo ás 11:00
horas cun taller de Administración
Electrónica,
que versará sobre os certificados electrónicos e como usalos, e que
estará especialmente enfocado na sede electrónica do Concello de
Ames. Ademais,
de 12:30 a 13:30 e de 18:00 a 19:00 horas terán lugar dous
obradoiros de impresión 3D e, na mesma liña, de 16:30 a 17:30 horas
haberá un taller sobre o programa de edición de imaxes GIMP.
O
prazo para inscribirse nestas
actividades do DÃa da AMTIC en Milladoiro xa
está aberto,
para facelo é necesario indicar o taller ao que se quere asistir,
nome, apelidos e un número de teléfono de contacto por correo electrónico.
Para
participar no torneo de FIFA, o enderezo é amesenxogo@gmail.com.
Por outra parte, haberá
espazos abertos de actividades permanentes instalados de 10:30 a
14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O
evento contará cun taller de hama beads e outro de creación de
espadas láser. Asà mesmo, no vestÃbulo terá lugar a actividade
Xogando
con Nintendo Switch,
no que os asistentes poderán desfrutar desta consola.
Por último,
o doutor José Luis Montiel Castaño impartirá unha charla
denominada Adiccións
e videoxogos. Como evitar que o meu fillo me arruÃne,
que porá o foco na ludopatÃa como consecuencia do consumo excesivo
de aparellos de ocio tecnolóxico. Para as actividades permanentes e
a charla non é necesaria inscrición previa, a entrada é libre ata
completar aforo.