Abertas as inscricións para os obradoiros da nova edición de Carballo Interplay
martes, 27 de xullo do 2021
O
Festival de Contidos
Dixitais Carballo Interplay celebrará a súa oitava edición do
8 ao 11 de setembro.
As
inscricións
para o seu programa formativo xa están abertas dende este
27 de xullo.
Nesta
ocasión, o Festival inclúe un Taller
Kamikaze de
creatividade audiovisual "extrema" de tres dÃas completos
para 12 persoas e un obradoiro de
creación de contido dixital para as xeracións Y e Z con
responsábeis
do medio de alcance global Freeda. Esta actividade celebrarase
o xoves 9 de setembro de 17:00 a 20:00 no Pazo da Cultura de Carballo
e nela poderán participar un máximo de 20 persoas.
A
experiencia audiovisual
kamikaze quedará
reservada para os dÃas 30 e 31 agosto e 1 setembro, en horario
intensivo de 10:00 a 20:00 horas. As persoas que participen no
obradoiro deberán idear, gravar e postproducir capÃtulos de serie
Dinosauro,
os cales se estrearán unha semana máis tarde no festival. A este
acto virán profesionais do sector como Alfonso Zarauza, LucÃa
Regueiro, Antón Varela, Iago López, Leticia T. Blanco ou Javi
Camino. Os interesados poderán preinscribirse antes do 16 agosto.
Pola
súa parte, o 9 de setembro, as directoras de contidos de Freeda:
Raquel GarcÃa Trigueros e Clara Amechazurra Falagán, ofrecerán un
obradoiro de 3 horas de duración sobre a creación
de contido dixital para as xeracións Y e Z. As persoas que
participen neste obradoiro coñecerán todos os recursos que emprega
Freeda para crear o contido inspiracional e feminista que difunde a
través das redes sociais. Os interesados nesta formación, poderán
inscribirse antes do 23 de agosto.
Cómpre
mencionar, que na súa
oitava edición, o festival
pretende dotar con 3.000 euros ao ganador do premio do mellor
proxecto de webserie
en galego. A data lÃmite para presentarse a esta actividade é este
sábado, 31 de xullo. Os proxectos deben ser creacións audiovisuais
propias e orixinais.