A revista MicromanÃa prepara o seu retorno ao papel
xoves, 4 de decembro do 2025
Esta fin de semana as instalacións de La Nave en Madrid acollerán o Salón Do Videoxogo de Madrid, evento cun programa moi completo, no que destaca unha presentación o domingo ás 16:00 horas na que está previsto que José Luis Sanz dea detalles sobre o retorno da revista MicromanÃa.
Lembremos que a revista MicromanÃa dixo adeus hai preto de dous anos, pechando preto de 39 anos de historia, aÃnda que non era a primeira ocasión que a publicación pasaba por unha situación crÃtica (en 2012 Axel Springer deixara de publicar a revista, pasando a funcionar dun xeito bastante precario, que nos últimos anos contaba unicamente con distribución nas tendas da cadea GAME).
Que sexa José Luis Sanz quen vaia presentar o regreso de MicromanÃa non deberÃa coller a ninguén de sorpresa, pois este profesional da prensa dos videoxogos é quen está a impulsar o regreso das revistas de videoxogos en papel mediante subscricións e venda directa, comezando por Hecho con Pixels e continuando coa resurrección de MicroHobby, polo que parece o movemento natural a recuperación de MicromanÃa.
AÃnda que para coñecer en profundidade o regreso de MicromanÃa hai que acudir á presentación en persoa, o propio José Luis Sanz asegurou que o luns, no seu habitual directo de Hecho con Pixels, achegará toda a información presentada o domingo.
