A operadora DIGI é oficialmente patrocinadora do RC Deportivo

martes, 13 de decembro do 2022 Lucía Villaverde

DIGI, a operadora de telecomunicacións da multinacional DIGI Communications, e o RC Deportivo, presentaron este martes 13 de decembro no Estadio Abanca-Riazor o seu acordo polo que a compañía convértese en patrocinadora oficial do club até a tempada 2023-24. A través deste acordo, DIGI quere apoiar tanto ao RC Deportivo como a todos os seus afeccionados, “un club histórico co que se identifica por todos os valores compartidos, como o esforzo, a ilusión e o compromiso”, sinalaron fontes da empresa.
DIGI é unha compañía con 30 anos de experiencia no sector das telecomunicacións, presente en España desde 2008, onde conta con máis de 4,6 millóns de clientes a peche do terceiro trimestre de 2022. A empresa está moi presente na Coruña, cunha delegación con máis de 100 empregados directos. Ademais, está a despregar a súa rede de fibra propia, Fibra SMART; e ofrece na provincia o servizo PRO-DIGI, con velocidades de ata 10 Gbps.
No acto de presentación, o responsábel comercial de DIGI, Ángel Álvarez, destacou: “Estamos moi orgullosos de poder apoiar a este club tan recoñecido e con tanta historia co que estamos encantados de poder colaborar e co que estamos seguros de que conseguiremos moitos éxitos xuntos”.
Pola súa banda, o presidente do Club, Antonio Couceiro, amosouse moi satisfeito por este acordo: “DIGI é unha compañía en continuo crecemento, que fai unha clara aposta pola zona, e coa que iremos da man para seguir acadando obxectivos”.
En 2022, DIGI revalidou o seu galardón, obtido en 2021, á rede de fibra máis rápida de España polos Ookla Speedtest Awards, a maior plataforma a nivel mundial para test de velocidade. Ademais, a compañía foi elixida a operadora mellor valorada polos españois no mesmo ano, cunha satisfacción de 77,4 puntos sobre 100, segundo o Índice Centrix.

PUBLICIDADE