A observación biodiversidade poderase realizar con drons
venres, 8 de novembro do 2024
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiu hoxe no aeródromo de Furaventos, en O Porriño, a unha serie de probas de validación do rendemento e funcionalidade das tecnoloxÃas que están a desenvolver a Xunta de Galicia e Telespazio no programa de I+D de biodiversidade do Polo Aeroespacial de Galicia.
O programa denominado GeoSUB céntrase no desenvolvemento e evolución de aeronaves non tripuladas de curto e de longo alcance, especÃficas para misións de observación, captura e procesamento automatizado de datos de biodiversidade; por medio dunha plataforma integral de xestión de xeoinformación e misións con drons, capaz de xerar plans de voo de forma automática e que presenta unha gran eficiencia de custes. O seu obxectivo é que os futuros usuarios, tanto a propia Xunta de Galicia, como a comunidade cientÃfica e outros operadores públicos e privados teñan acceso a datos intelixentes que lles permitirán mellorar a xestión dos seus servizos.
Nas demostracións realizadas esta xornada validáronse as funcionalidades dos equipos de navegación e comunicacións avanzadas das aeronaves non tripuladas do programa, asà como dos sistemas que permiten aos drons analizar posibles ameazas e intrusións e tomar decisións rápidas para evitar colisións. Trátase de tecnoloxÃas fundamentais para voos fóra da liña de vista do operador e para facilitar a integración segura, eficaz e fiable das aeronaves non tripuladas no espazo aéreo.
Estas innovadoras solucións tecnolóxicas permitirán optimizar tarefas como a prevención e loita contra a degradación dos humidais, a monitorización do medio natural costeiro, a vixilancia de masas forestais en zonas protexidas ou a inspección e análise de impacto das infraestruturas humanas sobre o medio ambiente.
As solucións obtidas teñen tamén aplicación na identificación de hábitats costeiros, a extracción de parámetros ambientais, a identificación e seguimento automáticos de especies invasoras ou a xestión sustentable dos bancos marisqueiros, entre outras.
Atracción de empresas a Galicia
O Polo Aeroespacial de Galicia ten atraÃdo á nosa comunidade a grandes empresas do sector aeronáutico e aeroespacial como Telespazio, que está a realizar unha importante aposta a longo prazo por este sector. A compañÃa, que conta con oficinas propias en Vigo desde o mes de maio, asumiu o compromiso de continuar reinvestindo na rexión coa posta en marcha de novos proxectos. Traballa ademais na industrialización destas tecnoloxÃas, produtos e servizos de carácter dual e alto valor engadido para o seu uso en outros sectores e a súa comercialización internacional.
O programa de I+D+i da Xunta e Telespazio supón un investimento público privado de 17,8 millóns de euros (8,9 millóns de euros de achega pública e 8,9 millóns de euros de aportación privada), o desenvolvemento de 12 proxectos de I+D+i, 83 profesionais traballando de forma directa e 10 empresas e centros de coñecemento, na súa meirande parte galegos, participando: Alter, CATEC, ITG, IngenierÃa InSitu, BahÃa Software, Universidade de Vigo, Gradiant, ESSP, PildoLabs e Centum.
O programa GeoSUB está financiado pola Unión Europea no marco do Plan complementario de biodiversidade, impulsado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do Plan de Recuperación e Resiliencia. A proposta de Galicia, que participa xunto con outras cinco comunidades autónomas (Estremadura, Asturias, AndalucÃa, Canarias e Baleares), está coordinada coa do Parque Tecnolóxico de Fuerteventura, centrada no desenvolvemento e despregue de plataformas HAPS (sistemas pseudo-satelitais de gran altitude) e de vehÃculos non tripulados.