A galega Sateliun impulsa o carsharing a través das novas tecnoloxÃas
xoves, 10 de febreiro do 2022
Satelium
Sharing é a nova aposta da empresa galega Sateliun. Tras
máis de 17 anos moitos anos ofrecendo servizos de control de flotas
e xeolocalización de automóbiles, dan o paso cara o carsharing.
Este sistema baséase no aluguer flexÃbel de vehÃculos no que
destacan dous conceptos chave: un aluguer por horas e 100% dixital.
A través deste sistema e empregando unha aplicación móbil, a
compañÃa afirma que o usuario pode consultar a flota dispoñÃbel
ao seu arredor e escoller o vehÃculo (coches, motos, bicis…), data
e hora da reserva, xestionar o pago, etc.
Este servizo atópase nas
súas primeiras fases de lanzamento pero ao tratarse dunha plataforma
aberta, permitirá integrar outras tecnoloxÃas e servizos. Este é o
motivo principal de que algunhas empresas como os concesionarios cun
amplo estocaxe de vehÃculos, o consideren como unha boa alternativa
aos seus modelos de negocio e barallen poñer as súas flotas a
disposición desta modalidade.
Engadido a isto, como consecuencia da crise do COVID-19 e da falta de
chips, o aumento nas restricións gobernamentais no ámbito da
contaminación e ás dificultades económicas dos mozos e mozas para
adquirir un vehÃculo, este modelo de aluguer preséntase como
innovador e versátil no eido da mobilidade.