A ciberseguridade será prioritaria na transformación dixital impulsada pola Xunta
martes, 9 de novembro do 2021
O I
Seminario de Intelixencia Empresarial e Ciberseguridade
rematou este
9 de novembro
coa intervención do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda,
destacando que “a ciberseguridade será unha das apostas principais
da Xunta para os retos asociados á transformación dixital”, sendo
esta unha das bases da Estratexia Galicia Dixital 2030. Tamén
incidiu na importancia deste evento, organizado pola Confederación
de Empresarios de Galicia (CEG), e da colaboración entre as
administracións, as empresas e a propia cidadanía para loitar
contra a ciberdelincuencia.
Indicou
que o uso das novas tecnoloxías aumentou pola pandemia, tanto no
ámbito persoal como no profesional, e provocou un maior número de
incidentes relacionados cos pagos electrónicos e coas estafas. Por
iso, recordou que a transformación dixital debe vir acompañada dun
reforzo e dunha garantía de seguridade nos espazos dixitais.
A
Xunta, na súa aposta pola ciberseguridade, poñerá en marcha o novo
Centro de Ciberseguridade de Galicia. Este conta con dous
departamentos, o Centro de Resposta a Incidentes de Seguridade
(CSIRT.gal) e o nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, a través
do cal a Xunta participa coas catro deputacións, cos concellos e co
Goberno central, así como con outras empresas e institucións para
concienciar e formar profesionais na materia da seguridade nas TIC.
Debido
ao aumento da ciberdelincuencia, Alfonso Rueda, tamén afirmou que
dende a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) se reforzou a
formación das forzas e corpos de seguridade en delitos informáticos
e ciberseguridade. Tanto a través de cursos dirixidos a axentes da
Policía Nacional, Policía Autonómica, Policía Local e Garda
Civil, como cos cursos selectivos de ingreso e promoción interna da
Policía Local.