A cámara Sony α9 III terá obturador global
martes, 7 de novembro do 2023
A cámara Sony
Alpha 9 III, que vén de presentarse hoxe mesmo, aÃnda que teremos que agardar
a xaneiro para vela nas tendas, non só pasa a ser un dos grandes referentes das
cámaras sen espello de fotograma completo que hai no mercado, senón que tamén
fai historia ao ser a primeira cámara deste tipo cun sistema de obturador
global, ou sexa, que é capaz de capturar imaxes a grande velocidade (até 120
imaxes por segundo) sen distorsión nin blackout.
Se temos en conta que esta cámara tamén conta co sistema de enfoque automático máis
avanzado de Sony (que realiza até 120 cálculos de enfoque por segundo), asà como
coa posibilidade de sincronizar o flash con todas as velocidades de disparo,
estamos ante unha ferramenta de traballo con grandes posibilidades para os
fotógrafos profesionais, quedando bastante claro o público obxectivo deste
produto se vemos que o
seu prezo será de preto dos 7 mil euros.
A Sony α9 III está equipada cun sensor de imaxe CMOS de fotograma completo de 24,6
MpÃxeles, que pese a non ter unha resolución esaxerada, grazas ao seu obturador
global resulta moi interesante para profesionais que non queren que se lles
escape unha instantánea, aÃnda que o seu sistema de enfoque automático tamén
funciona con vÃdeo, polo que temos un produto bastante versátil.
Estamos ante a primeira cámara da serie Alpha capaz de gravar vÃdeo 4K a 120
imaxes por segundo a altas frecuencias de cadro sen recorte, permitindo incluso
gravar a 4K a 60 imaxes por segundo con sobremostraxe 6K. Tamén conta con
funcións S-Cinetone e S-Log3, de xeito que as gravacións que se realicen coa
cámara poderán gozar dun tratamento profesional das súas cores.
Outro aspecto moi coidado na Sony α9 III é a velocidade de entrega do material
capturado, xa que contan con funcións que facilitan a transferencia de imaxes
ao smartphone ou por FTP, contando con numerosos preaxustes que axilizan o
envÃo de imaxes a medios de comunicación.
VÃdeo promocional da Sony α9 III