A antena Starlink Mini chega a España

venres, 26 de xullo do 2024 Marcus Fernández

Hai uns meses Starlink presentou unha antena para o seu servizo de Internet por satélite de baixa altura que chamaba a atención polo deu tamaño compacto (28,9 x 24,9 x 3,85 centímetros) e preso reducido (1,16 quilos), de xeito que era apta para o seu transporte nunha mochila, converténdose nunha solución moi interesante para usuarios itinerantes, e agora esta solución chega comercialmente a España.
Agora é posible contratar este servizo de acceso á Rede de alta velocidade en calquera lugar en dúas modalidades (itinerante rexional por 59 euros/mes ou mini roam, que por 40 euros/mes ten datos limitados a 50 GB) adquirindo a nova antena Starlink Mini, que consiste nun panel compacto e portátil que integra router Wi-Fi 5 e facilita descargas se até máis de 100 MB/s.
Este novo kit de conexión ten un prezo de 399 euros, e resulta ideal para quen desexe conectarse á Rede en localizacións remotas ás que non chega a banda larga por vías tradicionais (como a banda larga móbil) que non sexan residencias habituais (como é o caso das autocaravanas).
Esta solución é moi sinxela de utilizar, xa que basicamente só hai que conectar o antena a corrente e apuntala ao ceo (podendo empregar a aplicación móbil de Starlink para determinar a mellor localización de instalación).

Esta solución de Starlink resulta ideal para casas rodantes