A Xunta presenta unha nova plataforma dixital forestal orientada a crear anuarios estatísticos
xoves, 17 de xuño do 2021
A
Consellería
do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de
Galicia (AMTEGA)
anunciaron este
16 de xuño
unha nova plataforma de estatística forestal,
orientada a que os cidadáns poidan crear os seus propios anuarios
estatísticos. A ferramenta foi presentada nunha nova xornada sobre a
dixitalización forestal na que participaron o director xeral de
planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e membros da
AMTEGA.
O
subdirector xeral de Recursos Forestais, Jacobo Aboal, foi o
encargado de presentar a nova plataforma de estatística forestal,
enfocada a que “cada cidadán poida crear o seu propio informe
estatístico mediante unha plataforma dixital”, asegurou. A través
dunha ferramenta de business
intelligence,
calquera cidadán poderá coñecer os principais indicadores que
definen o monte galego dentro dun mesmo concello.
Esta
iniciativa enmárcase dentro do programa Primare no que traballan
AMTEGA
e a Consellería do Medio Rural para avanzar na transición dixital
din sector tan importante para Galicia como o forestal. “Estamos a
escoitar as necesidades dos sectores e desenvolvendo solución
dixitais a medida que lles dean unha resposta eficiente”, declarou
a directora. Así mesmo, animou ás organización e asociación
asistentes a seguir progresando nestes procesos, afondando no impacto
positivo que esta transición produce.
A
xornada tamén serviu para que o director adiantara que xa se está a
probar un sistema de control automático de detección de cortas de
madeira cos datos recibidos semanalmente polo satélite Sentinel-2.
Polo momento estase a probar nunha área piloto e ten previsto
integrarse nun futuro no sistema de xestión das cortas de madeira.