A Xunta participa na Maker Faire Galicia

luns, 16 de xuño do 2025 Redacción

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou o pasado sábado na primeira das xornadas temáticas da undécima edición da Maker Faire Galicia, que se celebrou na capital galega.
Mariño puxo en valor a traxectoria da Maker Faire Galicia como un dos encontros de referencia en materia de innovación, creatividade e tecnoloxía tanto a nivel estatal como europeo. Subliñou que a xornada do sábado (organizada co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) ten como obxectivo amosar ao público unha ampla variedade de proxectos emprendedores que poidan servir de inspiración, contribuíndo así a fortalecer a cultura emprendedora en Galicia.
Neste contexto, a directora xeral fixo fincapé no papel da Rede de polos de emprendemento, que conta con 15 oficinas distribuídas por todo o territorio galego e máis de 4.100 proxectos atendidos, ofrecendo asesoramento gratuíto tanto a persoas que desexan iniciar unha actividade emprendedora como a aquelas que xa a puxeron en marcha e buscan consolidarse.
Tamén fixo referencia ao Bono Remuda, incluído na orde unificada de axudas aos autónomos (aberta ata o 30 de setembro), que conta cun orzamento superior aos 1,2 millóns de euros. Esta medida busca facilitar a transmisión de negocios viables, contribuíndo á vertebración do territorio, mediante achegas económicas tanto para quen asume unha actividade empresarial como para quen a traspasa por motivo de xubilación.
Por último, o 88,7 % das empresas ten páxina web propia e o 46 % está presente nas redes sociais.