A Xunta e a CEG colaboran para impulso das TIC
luns, 16 de xuño do 2025
A Xunta e a Confederación de Empresarios de Galicia colaboran para mellorar as relacións entre as empresas galegas e a Administración a través da simplificación administrativa e o impulso das TIC.
Neste contexto, o director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José MarÃa Barreiro, e a xerente do IGAPE, Patricia Villajos, mantiveron unha xuntanza con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), na que se anunciou a posta en marcha dun proceso participativo dirixido ao tecido empresarial. Ao longo de máis dun mes, as empresas galegas poderán trasladar directamente á Administración as súas necesidades e propostas de mellora en materia de simplificación, co obxectivo de detectar os principais atrancos e formular solucións efectivas.
Esta iniciativa inscrÃbese no marco das accións impulsadas pola Xunta para fomentar a participación cidadá na simplificación dos procedementos administrativos, un traballo iniciado en maio cun proceso aberto á cidadanÃa no Portal de Transparencia e Goberno Aberto, onde é posible achegar suxestións de forma anónima.
Durante a reunión tamén se analizaron as principais medidas de simplificación en marcha no ámbito empresarial. Actualmente, máis do 35 % dos 65 procedementos sobre os que se está a traballar están orientados especificamente ás empresas.
No ámbito da contratación pública, o director xeral destacou que, tal como se adiantara en maio, en breve se asinará un convenio de colaboración co Ministerio de Facenda para conectar a plataforma autonómica coa Plataforma de Contratación estatal. Isto permitirá que as empresas galegas clasificadas no Rexistro autonómico poidan concorrer a licitacións en todo o Estado.
O obxectivo é coordinar e integrar os dous rexistros actualmente vixentes en Galicia: o Rexistro xeral de contratistas, de carácter autonómico, e o Registro Oficial de Licitadores y Empresas Clasificadas del sector público, de ámbito estatal. Grazas ao convenio, as empresas só deberán manter os seus datos nun único rexistro, facilitando asà o acceso a contratos públicos en diversos niveis da Administración.
Ademais, a Plataforma de contratación da Xunta permitirá consultar todas as licitacións que afecten a Galicia, independentemente do nivel da Administración que as convoque.
Este novo convenio constitúe un avance cara a unha maior transparencia e visibilidade da contratación pública.
Por último, José MarÃa Barreiro lembrou que se está a traballar tamén na simplificación do proceso de inscrición no Rexistro de Contratistas Galego, para que as empresas non teñan que achegar documentación acreditativa de requisitos xa rexistrados noutras plataformas autonómicas.
A xuntanza foi valorada como produtiva por todas as partes. Os representantes da CEG trasladaron algunhas primeiras propostas e acordouse establecer unha liña de colaboración continuada nos vindeiros meses para avanzar cara a obxectivos comúns.