A UDC capta máis de 8 millóns para grupos, unidades de investigación e transferencia
luns, 5 de agosto do 2024
Os centros e unidades de investigación da UDC, asà como persoal investigador con traxectoria excelente, vén de acadar unha captación de máis de 8 millóns de euros para proxectos de investigación e transferencia e de xeración de coñecemento e consolidación de estruturas. Asà se desprende da resolución de dúas convocatorias de axudas dirixidas a este tipo de actividade.
Axudas da Xunta
Por unha banda, na convocatoria de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento no Sistema Universitario de Galicia (SUG), realizada pola Xunta de Galicia, a UDC obtivo 4,2 millóns de euros para 2024. Esta liña de subvencións financia estruturalmente a grupos de investigación que se dividen en tres categorÃas: grupos de referencia competitiva, grupos con potencial crecemento e persoal investigador con traxectoria excelente. Dependendo de publicacións, patentes, teses dirixidas e proxectos acadados nos tres últimos anos; asà como do prestixio acumulado, os diferentes grupos optaron a unha destas estas categorÃas con apoios económicos establecidos de entre 90.000 e 400.000 euros.
AsÃ, na modalidade de maior prestixio a de Grupos de Referencia Competitiva (GRC), un total de 8 grupos, un máis que na convocatoria anterior, obtiveron 2,4 millóns de euros. Tres dos grupos pertencen ao Centro de investigación en tecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC): LYS (LingüÃstica), MODES (EstatÃstica e Investigación Operativa), e GTEC (TeorÃa do Sinal e Comunicación); un ao Centro Interdisciplinar de QuÃmica e BioloxÃa (CICA), EXPRELA (BioquÃmica e BioloxÃa Molecular); e GDC (EconomÃa Aplicada), ao centro ECOBAS; mentres os outros tres non están adscritos a ningún centro de investigación, senón a facultades. No caso de VARPA (Ciencia Computacional e Intelixencia Artificial) á de Informática; Dereito Público Global á de Dereito e a novidade deste ano, GET, da Facultade de SocioloxÃa.
Polo que respecta a Grupos con Potencial de Crecemento (GPC), a UDC pasou de 5 na convocatoria anterior a 9 na actual. Son os grupos GRICA (PalentoloxÃa), BioCost (EcoloxÃa) e GIBE (Xenética), adscritos ao CICA; TELEMATICA (EnxeñarÃa Telemática) e LIA2 (Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial), do CITIC; e CULXEO (PalentoloxÃa), do CISPAC. Mentres que os outros tres grupos están vencellados a facultades. É o caso de ECD, de Dereito; GIACE (Métodos de Investigación e Diagnose en Educación) e ARTE-FACTO (Didáctica da Expresión Plástica), da Facultade de Ciencias da Educación.
Por último, na categorÃa de persoal investigador excelente, houbo nove subvencións por un total de 835.000 euros.
28 Proxectos de coñecemento
No que respecta aos proxectos de xeración de coñecemento e actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral asociadas a ditos proxectos convocados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, obtivéronse 3,9 millóns de euros vencellados a 28 proxectos (16 en centros de investigación da UDC e 12 para iniciativas de grupos non pertencentes a centros).