A TVG estrea esta noite Amor a un clic

luns, 4 de decembro do 2023 Marcus Fernández

Esta noite na Televisión de Galicia, tras a estrea da nova tempada de Casamos, chega un novo espazo de lecer que ten como obxectivo amosar aos espectadores o fenómeno que supón a creación de relacións de parella a través da Internet, presentando historias de amor que naceron a través de Tinder, Facebook, TikTok ou Instagram.
Amor a un clic é unha produción de Ézaro Films na que cada semana presentan a tres parellas que estableceron vínculos a través de ferramentas tecnolóxicas, e está presentado por Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña pola súa faceta como cantante.
No programa desta noite presentarannos a Carolina e Rubén (coñecidos a través dun intercambio na universidade, que mantiveron a súa relación a distancia por correo electrónico e o Messenger), Pili e Javi (que se coñeceron a través de Badoo) e Patricia e Noemi.

Paula Chaves Pauliña é a presentadora do novo espazo da TVG

PUBLICIDADE