A PlayStation 5 chega aos 65,5 millóns de consolas vendidas
venres, 8 de novembro do 2024
Os últimos resultados financeiros de Sony correspondentes ao trimestre que remata o 30 de setembro serviron para facer balance da situación na que está a PlayStation 5 xusto cando vén de chegar ao mercado a PS5 Pro, e a situación non parece tan positiva a como estamos afeitos, pois viñamos dunha etapa na que as consolas PS5 incluso eran difÃciles de atopar nas tendas ante a súa elevada demanda, e agora vemos como nos primeiros trimestre do ano venderon menos unidades que no mesmo perÃodo do ano anterior.
EstÃmase que o número de consolas PS5 vendidas até o momento serÃa de 65,5 millóns, o que non é un mal resultado, pero que estarÃan moi lonxe das vendas totais de PS4 (117 millóns). AÃnda que a PS5 aÃnda está na metade do seu ciclo de vida, o meirande volume de vendas concéntranse habitualmente ao comezo, polo que a decadencia do mercado das consolas domésticas tradicionais é un feito, aÃnda que está a ser moito máis lenta do que se pensaba tras a explosión do mercado dos smartphones.
Para poder facer previsións a longo prazo sobre o mercado das consolas de videoxogos tradicionais haberá que agardar ao lanzamento da sucesora da Nintendo Switch, que de ter unha boa acollida poderÃa supor a inxección que o sector precisa para gozar de boa saúde durante máis tempo.