A India contará cun novo tablet económico para os seus estudantes
luns, 12 de novembro do 2012
O presidente da India, Shri Pranab Mukherjee, anunciou
hoxe unha nova versión do tablet de baixo custo Aakash, que chegará
subvencionado para facilitar o acceso aos estudantes a este tipo de
dispositivos que poden resultar de grande utilidade para a súa educación. O
dispositivo venderase no mercado a un prezo de 2.236 rupias (uns 32 euros)
mentres que os estudantes poderán adquirilo pola metade de prezo.
O Aakash 2 é un tablet da canadense Datawind que conta cun procesador Cortex A8
a 1 GHz, pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, 512
Mbytes de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas
microSD, baterÃa de 3.000 mAh e o sistema operativo Android 4.0, unhas especificacións moi superiores
ao Aakash orixinal, que viña cun procesador a 366 MHz e con Android 2.2.