A Deputación de Lugo e o INCIBE habilitan en San Marcos un espazo para formar en ciberseguridade
luns, 4 de decembro do 2023
A
Deputación de
Lugo e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), dependente
do Ministerio de Transformación Dixital, habilitaron un espazo no
Pazo de San Marcos, sede da Deputación, para informar e formar á
cidadanía sobre como conter as ameazas de Internet. En concreto, a
Sala de Exposicións acollerá a comezos desta semana, o luns e o
martes (4 e 5 de decembro) a mostra divulgativa Experiencias
itinerantes sobre ciberseguridade, que consiste nunha zona
informativa e outra de actividades gratuítas enfocadas a detectar os
riscos e previr os problemas máis habituais en materia de
ciberseguridade.
A
Deputación explicou que “entre os obxectivos desta iniciativa,
dedicada á cidadanía en xeral, está o de reforzar a confianza no
ámbito dixital a través da formación en materia de
ciberseguridade, para mellorar a capacidade das persoas de
desenvolverse con confianza na era dixital”.
Este
espazo conta con tres zonas diferenciadas: unha zona informativa,
unha zona demostrativa e de capacitación, e unha zona de
gamificación que contará con diferentes ordenadores. O
público obxectivo é o alumnado, as familias, e as empresas, que
poderán acceder ao espazo en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a
19.00. A zona demostrativa ten capacidade para 12 persoas ao mesmo
tempo e a de gamificación para 24. A entrada é libre e
gratuíta.