A Cidade da Cultura estrea perfil en Facebook

martes, 15 de marzo do 2011 Raquel Noya

Hoxe cúmprese unha semana dende que a Cidade da Cultura de Galicia deu o chimpo ás redes sociais e estreou un perfil de seu en Facebook, dende o que dá conta das últimas novidades que suceden en torno a esta entidade e achega información de utilidade para os seus seareiros.
Malia que os responsables da creación deste perfil actualízano con bastante asiduidade (subindo información e imaxes dos actos máis relevantes) no momento de escribir esta nova non chegaban a 90 as persoas seguidoras do espazo.
No apartado de información básica desta entidade, os internautas podemos atopar datos da súa situación xeográfica, do seu horario de visitas guiadas ou do seu teléfono; así como ligazóns directas á súa web.

PUBLICIDADE