A Cámara da Coruña formará á mocidade en deseño de videoxogos e análise de datos
luns, 5 de agosto do 2024
En resposta “ás necesidades reais das empresas”, a Cámara e A Coruña ofrece a vindeira tempada unha variada oferta formativa dirixida a mozos menores 30 anos, desempregados e rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que lles permita “mellorar a súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral”. Todas estas actividades, moitas delas tecnolóxicas, están subvencionadas ao 100% polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral.
Os primeiros cursos, que se impartirán no mes de setembro, de forma presencial e na modalidade de aula virtual, son: Panadería, repostería e manipulación de alimentos; Maquillaxe Profesional; Fotografía; Auxiliar de almacén e manexo de cargas con carretillas elevadoras; Inglés básico-intermedio e intermedio-avanzado; Barista e Latte-Art; Persoal de apoio para Xestoría; Deseño de Videoxogos; Francés; Análise de Datos e Ferramentas Avanzadas con Excel; Persoal Shopper e Asesor de Imaxe; Análise e Visualización de Datos; Habilitación Profesional de Tripulante de Cabina de Pasaxeiros (TCP); e Certificación Oficial de Microsoft Office Specialist (MOS).
Quen queira consultar o catálogo de formación ao completo pode facelo na web habilitada, e tamén formalizar as inscricións.
O Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) é un dos instrumentos que articulan en España o Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo para apoiar a redución da taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a súa cualificación e empregabilidade e promovendo o autoemprego.