A Aula CeMIT de Pontedeume comeza curso con formacións en ofimática, ciberseguridade e ecommerce
venres, 13 de setembro do 2024
Co inicio do novo curso, o Concello de Pontedeume acolle na Aula CeMIT do municipio novos cursos de formación que comezarán este mesmo mes de setembro e cuxas inscricións (de balde) poden facerse xa en liña.
A primeira formación en comezar será a de Ofimática, e con ela búscase capacitar á veciñanza no manexo eficiente dun procesador de textos e na creación e deseño de presentacións atractivas (Power Point, presentacións de Google) ou tamén familiarizar ás persoas asistentes no traballo con follas de cálculo (Excel, Calc, follas de cálculo). O curso terá unha duración de 110h, comezando o 16 de setembro ata o 15 de novembro.
O segundo curso será o de Protexe a túa vida dixital, ciberseguridade no teu día a día, que permitirá ao alumnado a protexer a información persoal e profesional de forma segura contra as ameazas dixitais. Ten unha duración de 40h e desde o 16 de setembro ata o 11 de novembro.
Tamén no mes de setembro a partir do día 17 de setembro e ata o 17 de outubro celébrase o curso de Comercio en liña co obxectivo de proporcionar as habilidades necesarias para xestionar negocios en liña e máis o curso Potencia o teu negocio, redes sociais e TPV para optimizar presenzas online, optimizar o fluxo de vendas e mellorar os resultados das nosas campaña en redes.