A 2ª edición de Rianxo Gaming vén con charlas orientadas á mocidade e ás familias
venres, 2 de agosto do 2024
O Campo de Arriba de Rianxo vai o 10 de agosto a segunda edición da feira de videoxogos Rianxo Gaming, evento anual dedicado ao mundo gamer poñendo o foco na súa vertente máis creativa, participa, cultural e, tamén, profesional e empresarial. Cun formato de feira, o evento inclúe unha variedade de actividades como charlas, obradoiros, competicións de eSports, retro-gaming, realidade virtual, tendas e música en directo.
No apartado de divulgación educativa, este ano haberá dúas charlas orientadas á mocidade e ás familias. Por unha banda Mulleres gamers, retos e desafÃos, unha mesa redonda para coñecer a perspectiva das mulleres na industria do gaming, da man dalgunhas das súas protagonistas, gamers e influencers, que falarán sobre as súas propias experiencias. Pola outra, Familia, eu quero ser youtuber, unha charla que vai dirixida ás familias para axudar a coñecer as oportunidades laborais que xorden da creación de contidos para as redes sociais, pero tamén dos riscos que van asociados a este tipo de actividades.
O evento está promovido polo Concello de Rianxo e a produción técnica é de Lúa Gaming, a empresa galega de deportes en liña e eventos.
No evento participan o Museo do Videoxogo, A Vella Escola Cultura Urbana, a Escola de Música de Rianxo, e no apartado audiovisual coa realización de Volvemos a Primera Producciones.
Colaboran co evento A Túa Xanela, ROT SL, MÃnimo Eventos, Creade Impresión Dixital, BEEP Rianxo, Libreria Xacobiño, LibrerÃa Cándido, Kiosco José Ramón, Rent Galicia Inmobiliaria e Asociación A Moreniña.