3,5 millóns de Switch 2 vendidas en 4 dÃas
mércores, 11 de xuño do 2025
A nova consola de Nintendo, lanzada o pasado 5 de xuño, converteuse xa no sistema de videoxogos máis vendido da historia da compañÃa nun perÃodo tan curto de tempo. Con máis de 3,5 millóns de unidades vendidas en todo o mundo nos seus primeiros catro dÃas, a Nintendo Switch 2 bateu todos os récords anteriores da compañÃa nipoa.
A Nintendo Switch 2 aposta pola evolución da Nintendo Switch en vez de arriscarse cunha revolución, de xeito que temos unha máquina cunha pantalla máis grande con resolución 1.080p (capaz de chegar a resolución 4K en televisores), mandos Joy-Con 2 con conectores magnéticos (e un modo de funcionamento que os converte en ratos informáticos) e unha peaña con inclinación axustable.
A nova consola tamén integra GameChat, xa que nesta ocasión a consola de Nintendo aposta firmemente pola Internet, tanto á hora de permitir a interacción entre os xogadores como ao apostar polos xogos en formato descargable (case todas as tarxetas de xogo precisan de descargas para gozar do xogo completo).